• Carpintería de madeira a medida

Fabricación de mobles de baño en O Porriño

Facemos a medida o seu moble de baño de madeira

Cando chega o momento de amoblar o cuarto de baño ou de renovar o mobiliario do mesmo é importante optar por mobles de baño de calidade, xa que é esta a zona da casa na que se condensa unha maior cantidade de humidade.

É importante atopar mobles de calidade para o baño, xa que senon véremonos obrigados a renovalos nun corto periodo de tiempo, xa que a humidade e o auga que poida salpicar da ducha fará que se deterioren rápidamente. Todos os mobles de baño no Porriño que fabricamos en Carpintería Joyla son da mellor calidade, pois utilizamos as mellores madeiras para que estes sexan duradeiros, resistentes e non de estraguen por mor da humidade ou as salpicaduras.

Ademais de empregar os mellores materiais, os nosos carpinteiros coidan ata o máis mínimo detalle de todos os mobles de baño de madeira que fabrican, podendo, deste xeito, axustarse totalmente ás demandas e peticións do cliente.

Mobles de baño no Porriño

Por que elixir un moble de baño a medida?

Adáptase perfectamente ao lavabo

A día de hoxe no mercado existen multitude de alternativas para todos aqueles que busquen mobles de baño con lavabo, pois poderán atopar diferentes modelos, tamaños, deseños e acabados. Naqueles casos nos que unicamente se queira o moble de baño, non é tan sinxelo atopalo acorde ás dimensións do lavabo, pero en Carpintería Joyla, como expertos en mobles de baño de madeira no Porriño, encargámonos de deseñalo e fabricalo para que encaixe perfectamente co deseño do lavabo do cuarto de baño.

Feitos con materiais hidrófugos

Os materiais hidrófugos son aqueles que evitan as filtracións de auga e, deste xeito, non se deterioran pola humidade nin as salpicaduras. Non é ningunha novidade que os mobles de baño deben ser resistentes á auga, pois á fin e ao cabo atópanse na estancia da casa na que se condensa a maior cantidade de humidade. Tras cada baño ou cada ducha, o vapor fai a súa aparición e leste pode ser prexudicial para a madeira. Os materiais que utilizamos para fabricar mobles de baño a medida no Porriño son idóneos non se verán afectados polas filtracións nin humidades.

Máis espazo de almacenaxe

O espazo de almacenaxe é un básico en todo fogar, pero cada persoa organízao á súa maneira. Nos catálogos de mobles de baño podemos atopar mobiliario con diferentes opcións e capacidades de almacenamento, pero en Carpintería Joyla deseñamos o moble de baño a medida no Porriño que lle permita organizarse comodamente e ter a man todo o que necesite no cuarto de baño. Segundo os artigos que queira gardar, propoñerémoslle un deseño ou outro en mobiliario de baño.

Acorde ao resto de pezas

O seu cuarto de baño ten un aspecto moi característico e non atopa ningún moble que se axuste á decoración interior da estancia? Non ten de que preocuparse, pois co servizo de mobles de baño de madeira no Porriño que ofrecemos podemos deseñar o seu mobiliario de baño a medida, encargándonos de que a estética dos novos mobles sexa idéntica aos anteriores. Deste xeito, poderá conservar o aspecto diferenciador do seu cuarto de baño e renovar os mobles ao mesmo tempo.

Confíe nos mellores profesionais de mobiliario de madeira a medida

Póñase en mans dos nosos carpinteiros e encargarémonos de fabricar o moble de baño que sempre desexou; axustarase ás dimensións da estancia, á decoración e ás súas preferencias. Confíe en Carpintería Joyla!

Deseñe o seu moble de baño a medida no Porriño

Escolla cada detalle dos seus novos mobles de baño de madeira, en Carpintería Joyla nos encaregaremos de facelos realidade. Prestando a máxima atención ás súas preferencias de deseño, crearemos o mobiliario de baño que se axuste ao estilo que desexe

Mobles de baño rústicos

Este tipo de mobles de baño caracterízanse por manter un estilo sobrio e elegante, sendo predominantes as cores propias da madeira. Co noso servizo de mobles de baño a medida no Porriño fabricamos este tipo de mobiliario de baño coidando cada detalle.

Mobles de baño vintage

Somos expertos no deseño e a fabricación de mobles de baño vintage no Porriño. En base ao estilo que queira plasmar no seu cuarto de baño e aos seus gustos persoais, confeccionaremos o mobles de baño de madeira con estilo vintage que nos indique.

Mobles de baño modernos

En Carpintería Joyla diferenciámonos por ser fabricantes de mobles de baño no Porriño, sendo unha das nosas especialidades o deseño e a fabricación de mobles de cuarto de baño cun estilo moderno e innovador, axustándonos ás necesidades do cliente.

Mobles de baño de luxo

Os mobles de baño de luxo caracterízanse por combinar deseños clásicos con estilos modernos, conseguindo deste xeito un resultado único e totalmente personalizado. Empregamos a mellor madeira para mobles de baño do mercado.

Aproveite ao máximo o espazo cun moble para baños pequenos

É moi común a idea de que un baño pequeno non pode ser funcional e acolledor, pero grazas á experiencia dos nosos carpinteiros no Porriño podemos fabricar mobles a medida para cuartos de baño pequenos. Encargámonos de fabricar calquera elemento co que queira personalizar o seu cuarto de baño, ben sexa o mobiliario completo do mesmo coma se prefire unicamente uns caixóns.

Algúns mobles para baños pequenos

  • Moble auxiliar para o baño
  • Moble de baño con lavabo
  • Armario para o baño
  • Moble do lavabo con rodas
  • Caixóns para o baño

Realizamos o seu moble de baño de madeira maciza no Porriño

Confiando nos profesionais da nosa carpintería de madeira no Porriño poderá ter a certeza de que os seus mobles para baño de madeira natural serán resistentes, duradeiros e totalmente axustados aos seus gustos e ao estilo desta estancia do seu fogar. Consiga o moble de baño de madeira que sempre quixo!

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Porén, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflexan necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.